![Vecinos da Asoc O Castelo en Lugo]()
Dende o Concello vimiancés, informan das subvencións ás asociacións que veñen de aprobar para a realización de actividades de carácter cultural e deportivo. As asociacións deportivas que se presentaron recibiron todas elas maiores cantidades que en anos anteriores. Destaca o
Soneira que leva o 70% da cantidade total dedicada ao deporte, cun total de 6.600€, a pesar das críticas que podemos ler abaixo. Séguenlle asociacións como o Club de Fútbol de Veteranos de Vimianzo,
Neira Marcos ou
Cherinkas con 400, € cada unha.
Entre as asociacións culturais e de carácter xeral destaca
Cherinkas con 2.900,€, o 30% do total, para promocionar o XVI Asalto ao Castelo; séguenlle asociacións como as
Nemanquiñas, a
Asociación de Veciños de Pasarela, Asociación Cultural
O Castelo de Vimianzo (que vemos na foto na última viaxe ao San Froilán de Lugo) e Neira Marcos de Salto con 750,€; e as demais asociacións con diferentes cantidades, en función do baremo aplicado.
O alcalde destaca o consenso acadado nestas subvencións co voto favorable de todos os grupos menos IxV, que se abstivo.
Críticas dende o Soneira
![Final COpa 2011 Miguel Antelo]()
Ao mesmo tempo, o presidente do Soneira, Juan Silva, quere manifestar a súa "
decepción" co alcalde vimiancés. E o sinala despois de manter unha xuntanza con el ao subir á alcaldía cando prometeu unha "gran implicación coa S.D. Soneira". De aí que o clube se decidise por apostar por un Sobeira B, unha sección de veteranos e aumentaron as categorías inferiores.
Pero agora láiase o presidente, e denuncia que
"o que chama o concello “gran colaboración” supón un incremto respecto doutros anos de 600 €, o que ven facendo que por cada ficha de xogador, o Soneira percibe uns 6 euros máis. O Alcalde non debe saber que cada fiche vale un mínimo de 50 €.
Novas relacionadas
Fonte
- Notas de prensa do Concello de Vimianzo e do Soneira.