O costeiro Serj e os vigueses Blunk tamén subirán ao escenario no Nordestazo
Gañárono e o vindeiro 30 de xullo subirán ao escenario do Festival Nordestazo Rock de Malpica. O vimiancés Serj e a banda viguesa Blunk venceron o concurso de Bandas Nordestazo 2016, co que poderán compartir cartel con grandes como Heredeiros da Crus, Marky Ramone’s Blitzkrieg ou Os Diplomáticos de Montealto
Foi tras unha final disputada. O pasado sábado Serj, Blunk, Reino Animal, Diariodeverano e Mar de Fondo subiron ao escenario do Playa Club Coruña dispostos a se alzar co premio de gañadores do Concurso de Bandas Nordestazo 2016, pero so dous deles podían acadar o trofeo. E finalmente foron o talento folk rock de Serj e o son persoal e potente de Blunk os elixidos.
Ambas formacións pasarán a formar parte do cartel do Nordestazo 2016. Serj acompañarán a Phantom Dragsters e True Mountains no escenario do Paseo Marítimo durante a Sesión Vermú, e os chicos de Blunk subirán ao escenario nocturno teloneando a Agoraphobia, Bastards, Diplomáticos de Montealto, Marky Ramone’s Blitzkrieg e Heredeiros da Crus.
Serj no Playa ClubNovas relacionadas
- 6 datas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- Os Diplomáticos saldarán unha débeda histórica con Malpica no Nordestazo 2016
- Bastards e Agoraphobia súmanse ao Nordestazo.
- O Nordestazo Rock convoca cun concurso de bandas noveis
- Os Herdeiros da Crus manteñen o Nordestazo en Primeira.
- Novidades para o repóker de Festivais do verán costeiro.
- Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”.
- Nordestazo 2015: O Nordestazo Rock pode coas adversidades.
- Nordestazo 2014: Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Nordestazo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Nordestazo 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
Máis novas festivaleiras
- A música independiente e a natureza fusiónanse no V de Valarés:
- Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo.
- Unha Carballeira do máis viral.
- Terbutalina, Dakidarría, Ånima, Desterrados e The Locos completan a segunda tanda do Castelo Rock.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nordestazo.