O GDR subvenciona 3 novos proxectos en Vimianzo
08:33 27/03/14
A asociación Costa da Morte GDR aprobaba esta semana 3 novos proxectos do Programa Leader, e os 3 de Vimianzo, que se unen aos outros 3 que anunciabamos a semana pasada nesta nova convocatoria de Axudas.
Os proxectos aprobados son:
- 1.- Compra Equipo de Impresión Dixital (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 18.309,73€, e o importe da axuda sitúase nos 6.316,86€, o que supón un 34,5% sobre o total.
- 2.- Apertura de Centro de Servizos Funerarios (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 218.116,33€, e o importe da axuda sitúase nos 85.065,37€, o que supón un 39,00% sobre o total.
- 3.- Creación dunha Empresa de Elaboración i Envasado de Produtos Locais (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 57.739,43€, e o importe da axuda sitúase nos 22.691,60€, o que supón un 39,3% sobre o total.
Máis información
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
- Twitter: @GDRCostadamorte.
- Facebook GDR Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O GDR aproba 2 novos proxectos relacionados co Camiño e un Taller de calzado.
- O GDR abre Nova Convocatoria de Axudas Leader.
Fonte
- Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte.