O incendio de Carantoña comezou con 5 focos
09:06 31/10/17
Imaxe aérea do incendio de Carantoña de Roberto Novas dende o helicóptero Campino
Salvara a Costa da Morte da última vaga de lumes. Ata onte, que os veciños de Vimianzo viviron unha tarde de moita inquedanza. Eran ás 16:00h cando prendían 5 focos polos montes da parroquia de Carantoña, nitidamente intencionados.
Desta volta había medios dispoñibles, e de contado chegaron dous helicópteros, un hidroavión e 6 motobombas, o que facilitou a extinción do lume. Aínda así ata ben entrada a tardiña (arredor das 20:30h cando foi extinguido) brigadistas e veciños esforzáronse porque o lume non chegase ás casas, o campo de fútbolou ao cemiterio.
A partir de hoxe volve a funcionar a brigada municipal de 6 profesionais.
Novas relacionadas
- A Garda Civil pide colaboración na identificación de culpables polos lumes.
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Outubro 17: Detido un reincidente por causar un incendio cos seus fogos artificiais tralas Festas dos Remedios de Corme.
- Setembro 2017: Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais.
- Agosto 2017: Investigan o dono dunha pirotecnia por un incendio forestal
- Agosto 2017: A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais.
- Agosto 2017: Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016.
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).