O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura

11:02 24/11/10

O BNG sinala que "Vimianzo recuperou a autoestima"
Moi satisfeito amósase o voceiro do BNG vimiancés Manolo Antelo. Antelo destaca que "Vimianzo recuperou a dignidade e a autoestiva, así como un sopro de cambio e liberdade" trala decisión do pleno de recorrer a sentencia. Fala de "día histótico" para o concello, un día no que "os vimianceses percibiron que o cambio político en Vimianzo é posible". Lembra, iso si, que a devandita sentenza derívase "dos acordos entre PP e PSOE no pleno celebrado o 29 de maio de 2008 cando aproban un suposto informe de auditoría, co voto contrario do BNG". E nesa liña sinala a Carmen Borbujo, voceira do PP, ademais do alcalde, como "responsables políticos destes "disparate", e lóubase de ter solicitado este pleno, sen o cal, ao seu ver, non se determinaría este recurso. Con todo, o BNG amósase contento pol cambio de parecer do PP. Ten palabras tamén Antelo para Nieves Lema, quen finalmente votou en contra da apelación. "Coa súa decisión Nieves Lema acaba de cargarse o carácter renovador e a independencia da chamada Plataforma do PSOE", sinala Antelo. Ademais denuncia o BNG que a suposta valoración que encargou o Concello "nunca tivo entrada, nin foi comentado no seo da Corporación por parte de ninguén." Ata o alcalde a descoñecía segundo afirma o BNG.O PP valora positivamente a decisión do pleno pero quere responsables
"No pleno de hoxe demostrouse que o PP municipal non se vende a ningún pacto e vea polos intereses dos veciños", así comeza o comunicado da líder popular, Carmen Borbujo. O PP teno claro e "considera que é necesario coñecer os nomes dos responsables que permitiron o sobre custo". De igual xeito, Carmen Borbujo "agradece que o BNG recapacitase sobre a súa postura e que apoie a proposta do PP de iniciar unha comisión de Investigación para depurar responsabilidades, e de enviar o expediente á Fiscalía, ao valedor do pobo e a Oficina Europea Antifraude". Iso si, tamén critican a postura do BNG, "por dar a sensación de non querer investigar un dos casos máis confusos da historia do concello". Aseguran que "o primeiro paso dado polo grupo popular foi aprobar, fai tres anos, unha auditoría que permitiu determinar a existencia dun proceso de contratación irregular, e cuantificar o custo da obra realizada de máis". E afirman que "O concello non pode asumir o erro cometido por persoas que teñen nome e apelidos". "O PP deixou claro hoxe, unha vez máis, que o partido non se vende e que velará sempre polos intereses de Vimianzo", afirma Carmen Borbujo.Novas relacionadas
- Cruce de intereses pola Casa da Cultura de Vimianzo.
- O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura.
Máis novas
- O TSXG ordena repetir un concurso-oposición no Concello de Vimianzo.
- 28-10-10: O Xeriátrico abrirá finalmente na primeira quincena de novembro.
- 10-05-10: Critican unha nova adxudicación á empresa do irmán do alcalde de Vimianzo.
- 29-04-09: O BNG de Vimianzo presenta unha moción para esclarecer os contratos da empresa do irmán do alcalde.
- 24-04-09: A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado.
- 26-03-09: Alejandro Rodríguez é suspendido polo PSOE.
- 25-08-08: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
- 20-08-08: Adxudicadas as últimas obras da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 04-08-08: A Casa da Cultura de Vimianzo aínda non está rematada.
- 21--07-08: Vimianzo aproba a certificación da Casa da Cultura.
- 21-05-08: E a auditoría Casa da Cultura de Vimianzo?.
Fonte
- Redacción de QPC.