Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O PP vimiancés impulsa unha plataforma veciñal para presentar as alegacións á nova ordenación urbanística

O PP vimiancés impulsa unha plataforma veciñal para presentar as alegacións á nova ordenación urbanística
plataforma-vecinal-urbanismo-vimianzo Varios veciños con casas fóra da ordenación dos lugares de Bamiro, Tines e Treos mantiveron un encontro con membos do PP Unha reunión entre varios membros do Partido Popular de Vimianzo con algúns dos veciños e veciñas con casas fóra da ordenación urbanística nos lugares de Bamiro, Tines e Treos deu como resultado a creación dunha plataforma a través da cal levar a cabo as alegacións oportunas á nova ordenación urbanística no momento no que se abra o prazo de exposición pública do novo plan. “O que non imos facer é quedarnos cruzados de brazos. Xa tivemos un problema grave cunha casa que houbo que demoler por un asunto deste tipo e non imos permitir que sucede o mesmo con outras vivendas”, apuntou a portavoz do PP de Vimianzo Raquel Rodríguez Amigo, quen aproveitou a ocasión para urxir ao alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - a que rectifique a súa formulación e atender ás demandas veciñais. Ademais da portavoz Raquel Rodríguez e de José Manuel Rodríguez "Roque" - a nova fichaxe do PP de Vimianzo -, na reunión tamén estivo o deputado autonómico Martín Fernández Prado, portavoz popular na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. Dende o PP critican que o alcalde e un técnico da Deputación da Coruña, “vendese os supostos beneficios que supón para os propietarios que as súas vivendas queden fora de ordenación”. Neste sentido, a portavoz popular criticou o “engano” que supón dicirlle aos afectados que coa nova delimitación estas casas “pagarán menos contribución” e, pola contra, “esconderlles todos os problemas futuros que terán no caso de tentar levar a cabo calquera actuación urbanística nas súas propiedades”.

O PP reta ao alcalde de Vimianzo a celebrar un careo diante dos veciños afectados pola modificación urbanística

“O verdadeiramente importante é que estamos ante un problema grave no que os enfrontamentos persoais e políticos hai que deixalos de lado. O que se trata é de dar garantías urbanísticas a esta xente e nós non temos ningún problema en facelo diante de quen faga falta”, dixo Amigo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios