Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP vimiancés presenta un proxecto para recuperar Sabadelle

O PP vimiancés presenta un proxecto para recuperar Sabadelle

100 metros de Costa son os que conta o Concello de Vimianzo. Pero ben simbólicos que son. A loita contra a granxa acuícola da Xandriña foi todo un exemplo, e agora, o PP vimiancés quere coidar esa zona de Sabadelle. I é que o

A candidata do PP recordou que o seu grupo evitou a construción dunha piscifactoría no lugar "algo que prexudicaría notablemente o único espazo de mar aberto co que conta a parroquia e Vimianzo. Esta actuación resaltará os valores paisaxísticos de Sabadelle e suporá un punto destacable de interese turístico na Costa da Morte".

O Proxecto

O proxecto presentando é o estudo da actuación para a posta en valor dun dos espazos máis virxes da comarca, como o é Sabadelle. Ten como obxectivos principais a manifestación da súa historia como porto natural, a recuperación da aldea medieval ligada á pesca baleeira, potenciar Sabadelle desde o punto de vista turístico, e ser o centro neurálxico do inicio das rutas de sendeirismo da zona norte de Vimianzo.

Segundo explicou Carmen Borbujo, o proxecto consiste en diversas actuacións entre as que se destacan:

  • Mellorar o acceso desde Camelle (Camariñas) e crear un aparcadoiro.
  • Crear unha pasarela elevada de madeira sobre a "Praia dous Birlos".
  • Iniciar as rutas de sendeirismo dirixidas a Laxe e cara á zona norte do municipio vimiancés.
  • Sinalizar os carreiros e colocar paneis explicativos sobre a historia, flora e fauna da zona pola que atravesa a ruta.
  • Crear unha zona de lecer.
  • Establecer un percorrido pola aldea de pasado baleeiro, a través dunha pasarela de madeira.
  • Crear un centro de interpretación de 50m. que albergará ademais un punto de información turística, sala de exposicións e cafetería.
  • Situar, no centro do percorrido, un miradoiro natural que permita apreciar as vistas da Costa da Morte máis virxe e natural.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de VImianzo.

Comentarios