Xoves. 16.05.2024
El tiempo

O sendeirismo vimiancés traspasa fronteiras e culturas

O sendeirismo vimiancés traspasa fronteiras e culturas

O Concello de Vimianzo realizaba esta pasada fin de semana unha nova ruta de sendeirismo. E malia que o seguemento está sendo moi positivo, o Concello quere incluir a toda a poboación. Por iso a Área de Servizos Sociais comeza a organizar dúas actividades para integrar ao colectivo de inmigrantes nas rutas de sendeirismo.

Saída Intercultural

Así, a Área de Servizos Sociais quere aproveitar estas rutas organizadas desde a Área de Deportes deste Concello e incluilo nos programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrantes.

Deste xeito, o vindeiro sábado 25 de xuño, terá lugar a primeira “saída intercultural” para que as persoas inmigrantes de Vimianzo coñezan o entorno natural do municipio na compaña dos demais veciños e veciñas que participan nesta saída.

Farase unha ruta a pé de 18km polas terras de Vimianzo e Laxe, visitando lugares como os Batáns de Mosquetín, a Torre de Moia (Traba) e o Castelo de Vimianzo. A saída da praza do Concello, ás 09:30h e a inscrición é gratuíta para todo o mundo, e poden apuntarse no teléfono 981 70 74 26 (preguntando por Mary).

I Xornada campestre para veciños e veciñas de Vimianzo maiores de 50 anos

É esta unha iniciativa novedosa. Trátase xornada campestre que inclúe unha ruta de senderismo que finaliza con unha comida campestre.

Ruta por Ponteceso e Corme

E como dicimos, os Concellos de Vimianzo e Ponteceso organizaron o pasado domingo 12 de xuño unha andaina entre as localidades de Ponteceso e Corme. Foi unha ruta circular cun percorrido de 20 quilómetros de ida e volta. Nesta ocasión reuníronse máis de 60 sendeiristas.

As vistas do Monte Branco, o lugar de Froxán, a Pedra da Serpe e á praia da Ermida, foron os puntos de parada antes de comer. Xa despois de comer, os camiñantes chegaron a Corme onde os esperaba un autobús para visitar o Cabo Roncudo. Despois da visita volveron outra vez ó camiño en dirección a Balarés, esta vez por un camiño costeiro que permitía observar en todo momento a bonita costa pontecesán. O último tramo levou ós sendeiristas ó punto de partida pasando pola Barra do Anllóns e tras oito horas de andaina chegaron de novo a Ponteceso.

Como curiosidade, sinalar que entre o participante máis novo e o de máis idade había case oitenta anos de diferenza xa que participou un bebé de nove meses e un señor de setenta e nove anos.

Máis rutas

O Concello de Vimianzo ten previsto realizar a última ruta desta temporada o sábado 25 de maio, que terá, como vemos, carácter intercultural. Neste caso son 18 quilómetros entre os Batáns do Mosquetín e o Castelo de Vimianzo. Na Biqueira os camiñantes tomarán un desvío que os levará a Torre da Moa (Penedos de Traba) dende onde poderán gozar unha vez máis da fermosura da Costa da Morte. Todos os que desexen participar deben inscribirse en [email protected] ou chamando ó 981717288. A inscrición é gratuíta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa das Áreas de Deportes e SS de Vimianzo.
  • Fotos de Víctor Santos.

Comentarios