Venres. 17.05.2024
El tiempo

O teatro volve encher Vimianzo tras un exitoso peche das primeiras Escolas Municipais

O teatro volve encher Vimianzo tras un exitoso peche das primeiras Escolas Municipais
Clausura da Escola de Teatro de Pasarela

A actividade cultural non cesa no Concello de Vimianzo e se a pasada tocaba pechar as primeiras Escolas Municipais no marco do programa do Mes do noso, esta fin de semana hai dobre función teatral na Casa da Cultura o sábado e o domingo. Pero antes de anuncialas, repasamos o acontecido a pasada fin de semana.

I é que as clausuras das escolas municipais sempre son emocionantes. O pasado domingo estreaba función a primeira escola de teatro. Os actores e actrices de Berdoias, Aurora Trillo, Isabel Sendón, Manuel Mouzo, Juan Ramón Pereira, Eliseo Tajes, Paquita Antelo, Loli Ínsua, José Blanco e Fina Campos, dirixidos por Toño Casais, poñían en escena a función "Aquí non paga ninguén", de Darío Fo, unha comedia en dous actos na que se escenifican os apuros que pasan dúas amas de casa que se viron involucradas na sublevación dos clientes dun supermercado a consecuencia da subida dos prezos. Unha divertida sátira social moi de actualidade. Durante máis dunha hora o elenco actoral mantivo a diversión e a risa entre o público que enchía o auditorio que os ovacionou cun gran aplauso ao remate da función.
O vindeiro domingo a Escola de teatro os Sapapusios de Pasarela tomará o relevo no escenario coa función "Non te vistas para cear".

Nova Fin de semana de teatro

Teatro Pasarela Vimianzo O grupo da USC Tik Tak Teatro conta coa irmandiña Alba Mancebo

O sábado ás 20 horas o Grupo Tik Tak da Aula de Teatro da USC poñerá en escena Exercicios para escorrentar pantasmas de Fernando Almena. Gustavo G. Dieste dirixe esta compañía que conta no seu elenco actoral coa vimiancesa Alba Mancebo. Con entrada libre, como vén sendo habitual, a función comeza ás 20 horas. O domingo á mesma hora, a Escola de teatro Os Sapapusios de Pasarela escenificará Non te vistas para cear, unha comedia de enredos dirixida por Toño Casais. As risas están aseguradas coas dúas compañías.

Os máis pequenos tamén teñen actividade esta fin de semana, pois a progrmación de animación á lectura do mes de xuño, dedicado ao Medio Ambiente, ten previsto un obradoiro titulado O noso bosque con animación, na biblioteca municipal ás 18 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios