Irmandiños, preparen armas!

09:00 04/06/13

Xa anunciamos o cartel o pasado domingo, pero hoxe traémolo fisicamente. Fantástico, un ano máis, o deseño de Ghillermo, para celebrar esta maioría de idade desta Festa que dende logo merece o distintivo de Interese Turístico Galego.
Así que, sen máis, xa pensando no sábado 6 de xullo! Pero antes vos deixamos con algunha cousa, como o trailer deste 2013:
O Asaltiño
E non podemos deixar de traer este vídeo do Asaltiño 2013, con Suso e Andrés Fuentes, guión de Míchel Antelo e realización de Robe Miñones. Os pequenos hano pasar ben na tarde do sábado, oh!
Actividades complementarias
E para decatarnos da variedade desta festa, repasamos todas as actividades paralelas que se celebrarán eses días:
- Pasarela de Traxes Medievais: a parte dos traxes oficiais, búscase organizar un desfile de moda medieval no que persoas amosen os seus deseños.
- I Concurso de Fachadas co fin de mellorar a decoración da vila.
- Poxa do Ariete: incluída dentro da Poxa de Escravos, ten como finalidade abrir ao mundo un dos momentos máis emotivos da Representación: a entrada do ariete no castelo.
- Sesión Vermú a cargo da charanga Alvariza!
- A III Feira Artesanal, da cal os prazos permanecen abertos para apuntarse.
- O Baile Galegoexpostonavila ó longo do sábado.
- Actividades Deportivas, como a xa famosa exhibición de Tiro con Arco.
- Os Obradoiros Infantís.
- As Actividades de Rúa: actuación do clown RudiDudi.
- Circuíto Musical por todos os recunchos de Vimianzo.
- Procesión da Santa Compaña Irmandiñananoite do xoves.
- O Izado da BandeiraIrmandiña ás 19h do sábado napraza, un dos actos máis revolucionarios da fin de semana.
- A Poxa de Escravos.
- Castelo Vivo: mostra de artesanía durante todo o verán e o domingo do Asalto, espectáculo teatral da man dos Quinquilláns.
- Os VI Pinchos Irmandiños, este ano realizados por 17 bares da vila.
- A IV Cea Medieval nun escenario inmellorable: o foso do castelo.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Asalto ao Castelo 2013 arrinca con cartel, historia e elenco.
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
- Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
- Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
- 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
- O Asalto quenta motores para este 2013.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Novas festivaleiras
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).