O Xeriátrico abrirá finalmente na primeira quincena de novembro
19:01 28/10/10
Esta semana o propio Xeriátrico de Vimianzo xa abría as súas portas. Pero non se trata da súa apertura definitiva. Facíao para acoller as entrevistas da segunda fase do : proceso de selección de persoal que está a desenvolver a empresa local Geriatrios dende comezos de mes, a única que se presentou ao concurso público finalmente. De feito, a empresa leva desenvolvendo o proceso de selección sen ter confirmado o contrato definitivo, que se asinará unha vez que presente a documentación na xornada deste xoves 28 de outubro.
O proceso culminarase esta semana e dende a Consellería de Traballo e Benestar aseguran que están "ultimando os trámites administrativos para adxudicar a próxima semana de forma definitiva o concerto das 150 prazas que serán públicas. A proposta de adxudicación, de feito, xa está colgada no Perfil do Contratante da Xunta de Galicia.
Apertura a mediados de mes
Así, cumprindo estas previsións, a residencia abrirá as súas portas na primeira quincena de novembro.prazas públicas
Afirma a Xunta que en total, para concertar a totalidade das 150 prazas, a Xunta destinará este ano preto de 361.000 euros e nos exercicios seguintes a cantidade ascenderá a máis de 2,1 millóns de euros. Desta forma, aseguran que "o usuario non se verá afectado en ningún modo polo cambio de titularidade de Sogaserso, xa que as prazas seguirán tendo carácter público ao estar financiadas pola Xunta de Galicia e ser esta administración a que marque os prezos que cada usuario terá que abonar por este servizo". Haberá que comprobalo.Novas relacionadas
- 07-10-10: En marcha o proceso de selección do Xeriátrico.
- 20-09-10: O BNG de Vimianzo pide ao concello que convoque unha manifestación pola apertura do Xeriátrico.
- 06-09-10: Novo concurso deserto e máis retraso no Xeriátrico.
- 12-08-10: O Xeriátrico perde a paciencia.
- 05-07-10: A Xunta desestima o proceso de selección do Xeriátrico e anuncia a súa apertura en setembro.
- 02-07-10: O Xeriátrico pasará consulta no Parlamento.
- 21-06-10: O BNG vimiancés volve á carga co Xeriátrico paciente.
- 22-02-10: O Pleno de Vimianzo pide que se aprobe o proceso de selección xa feito para o Xeriátrico.
- 17-01-10: Contra a privatización do Xeriátrico de Vimianzo.
- 17-12-09: Critican o silencio de Feijóo sobre o parque empresarial e o xeriátrico.
- 28-09-09: O pleno de Vimianzo esixe a axilización da apertura do xeriátrico.
- 17-09-09: O xeriátrico paciente.
- 05-01-09: En marzo abrirá a Residencia de Vimianzo.
Máis novas
- O Goberno non cede cos prezos do Parque Empresarial de Vimianzo.
- A nova Plataforma de empresarios loitará polo prezo dos parques industriais.
- O BNG esixe ao Goberno Central que impulse o Parque Empresarial de Vimianzo.
- Triple cruce de declaracións sobre o Polígono Empresarial de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.