Obras de saneamento para Treos
12:56 08/12/22
O Concello de Vimianzo executará a rede pública de saneamento no núcleo de Quintáns de Treos para dar servizo a practicamente todas as vivendas que compoñen o núcleo.
Contará cun orzamento de 194.035,31 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña e suporá unha solución integral a unha demanda veciñal que non contaba con este servizo na actualidade.
Porén, e debido á topografía do lugar, prevese a instalación dunha estación de depuración, posto que é posible canalizar as augas cara un solo punto de tratamento e vertido, o final do percorrido.