Os Bombeiros acoden a sufocar sendos incendios nun local de Vimianzo e nunha panadaría de Santa Comba

08:18 16/05/18
Tiveron traballo entre a tarde e a madrugada de onte os Bombeiros da comarca.
Os Bombeiros de Santa Comba apagaron o lume na panadaria de Fontecada
Un fallo eléctrico é a causa máis probable da orixe dun lume que se iniciou nun forno da panadaría Montes, en Barbeira, Fontecada. Segundo confirmaron os Bombeiros de Santa Comba, ardeu por completo o baixo que era utilizado como panadería, sen afectar á vivenda da parte superior do inmoble.
Eran ás 19:30h da tarde de onte, e o particular informaba que lle estoupara o forno da cociña, e que había moito fume porque había moito aceite queimándose.
Ata o lugar, desprazáronse decontado os Bombeiros de Santa Comba que tras extinguir as lapas, ventilaron o local. A colaboración da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil tamén foi requirida polo 112 Galicia.
Calcinados os fornos da panadaría de Fontecada
Incendio en Vimianzo
Pasadas as 5:00h desta pasada madrugada, un local de hostalería vimiancés, o Restaurante A Lagoa, sufría un forte incendio. As lapas calcinaban a cociña e mesmo provocaron a caída dalgúns falso teitos do inmoble. Ao lugar acodían, avisados polo 112 trala chamada dun particular, Bombeiros de Cee, Garda Civil e Protección Civil. Puideron sufocar o lume antes de que houbese danos persoais, pero iso si, o local e o resto do edificio víronse afectados polo fume. Unha vez extinguido, os Bombeiros procederon a ventilar o local.Incendio nunha panadería


Fonte
- Axega.
- Redacción de QPC ([email protected])