venres. 24.01.2025
El tiempo

Os eixos do proxecto "Do mar a terra"

Os eixos do proxecto "Do mar a terra"
Vimianzo sempre coida a gastronomia coma cos Pinchos Irmandiños

Xa fixemos a presentación do proxecto “Do mar a Terra”, un proxecto co que o Concello de Vimianzo une a gastronomía mariñeira coa cultura e o consumo responsable.

Será un conxunto de actividades que fomenten o consumo local a través de accións culturais e gastronómicas, dando un especial protagonismo á muller.

Hoxe queremos coñecer os eixos principais do proxecto:

  • 1. Ligar a produción das lonxas da Costa da Morte cos puntos de consumo máis importantes, tendo en conta que o sector hostaleiro de Vimianzo vende máis de 250.000 menús ao ano. Desexamos facer fincapé na competitividade do sector en materia de oferta de produtos do mar, incidindo na súa formación, titorización e coordinación.
  • 2. Incidir na rendabilidade da actividade pesqueira e marisqueira, xa que, se aumenta o consumo local, mellorará a actividade das lonxas e, por conseguinte, os prezos que percibe a comunidade extractora.
  • 3. Dar valor engadido aos produtos do mar da Costa da Morte, a través da divulgación das distintas especies que se capturan, das súas propiedades, da repercusión na saúde e facilitando a súa preparación a través dun receitario que combina tradición e innovación.
  • 4. Promover o consumo de produtos do mar da Costa da Morte nos comedores colectivos do concello.
  • 5. Promover o coñecemento e o consumo dos produtos do mar da Costa da Morte nos fogares de Vimianzo.
  • 6. Explorar a innovación na preparación culinaria a través da arqueogastronomía e das novas técnicas, tendo en conta o legado arqueolóxico e cultural do municipio, con mámoas, castros, castelos e pazos.
  • 7. Levar a cabo unha recollida de métodos de conserva e preparación de alimentos do mar para divulgala en distintos ámbitos.
  • 8. Vincular o patrimonio cultural e natural de Vimianzo coa gastronomía de produtos do mar, tendo en conta que o valor dun alimento non se pode separar da relación deste coa historia, a cultura material e o ambiente no que se orixina.
  • 9. Elaborar un recetario que inclúa polo menos unha descrición de especies, receitas recuperadas da arqueoloxía e da historia (castros, medievo), receitas recuperadas da memoria colectiva, recetas innovadoras e receitas dos establecementos colaboradores.
  • 10. Impulsar un proceso de participación da cidadanía e de distintos colectivos na concienciación sobre o consumo responsable de produtos do mar e na solidariedade co sector pesqueiro e marisqueiro dentro do territorio (ecogastronomía).
  • 11. Utilizar as asociacións do municipio para achegar as accións do proxecto a colectivos que non se poderían alcanzar sen esta colaboración.
  • 12. Crear unha estrutura de comunicación co público sobre os produtos do mar da Costa da Morte, o recetario e o patrimonio cultural e natural que os rodea.
  • 13. Aproveitar os recursos humanos do territorio tendo en conta o saber acumulado, que non debe perderse, e a capacidade innovadora e creativa da xente, no que atinxe a patrimonio inmaterial ligado ao mar e aos seus froitos.
  • 14. Aproveitar as TICS, as redes sociais, os medios de comunicación e a diferentes expertos para a execución, divulgación e comunicación do proxecto.
  • 15. Fomentar un turismo experiencial a través da gastronomía e o patrimonio cultural e natural de Vimianzo.
  • 16. Promover a relación entre os proxectos do GAC 3, para fomentar a cooperación e o traballo en rede dentro da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Comentarios