xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os funcionarios de Vimianzo defenden os seus soldos

Os funcionarios de Vimianzo defenden os seus soldos
csif

Lemos hoxe as verbas do sindicato C-SIF de Vimianzo. E o facemos despois das declaracións do Concelleiro de Facenda, Obras, Urbanismo e Persoal, Fernando Mancebo, no último pleno nas cales facía referencia ao soldo de varios funcionarios do Concello.

Salta rápido á palestra o sindicato para “reprobar estas afirmacións”. “O Sr. Mancebo criticou o soldo dos funcionarios, intentando enredar, unha vez máis, inxuriando e sementando a dúbida de si son legais ou non”.

Para o CSIF, “O soldo dos funcionarios do Concello de Vimianzo, así como de calquera outra administración pública, está estipulado na lei, polo tanto é legal, pero ademais é público e, polo tanto, esiximos ao Sr. Mancebo que non engane aos veciños de Vimianzo con datos e afirmacións falsas, intentando deste xeito desacreditar o traballo dos funcionarios, que, doutra banda, teñen un recoñecido prestixio desde fai anos.”

Desde CSIF “non imos permitir que se poña en dúbida a profesionalidad de todos e cada un dos empregados, funcionarios e persoal laboral, do Concello de Vimianzo”, rematan.

O soldo do alcalde, pendente

Aproveitamos para lembrar que o último pleno deixou para o seguinte a posible moción sobre a eliminación da dedicación exclusiva do alcalde. A oposición intentou deixalo nunha dedicación parcial pero por cuestións de forma a votación foi imposible.

Fonte

  • CSIF.

Comentarios