Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os pequenos protagonizarán os sábados da Biblioteca de Vimianzo

Os pequenos protagonizarán os sábados da Biblioteca de Vimianzo

O alcalde de Vimianzo presentou o pasado sábado na Biblioteca da Casa da Cultura a programación infantil de animación á lectura para o ano 2012. Para falarnos do programa estivo acompañado pola técnica de cultura, Nieves Lema; a encargada da biblioteca, Pilar Lemus; e as animadoras culturais, monitoras das actividades, Rocío Andújar e Eva Romero.

Trátase dunha programación anual de campaña de animación á lectura, cun parón nos dous meses de verán, no que os máis pequenos terán actividades na biblioteca dous sábados cada mes. Haberá obradoiros infantís realizados polas monitoras culturais, animación á lectura a cargo da compañía Trinketrinke, encontros cos escritores Concha Blanco e Miro Villar, merendas na biblioteca e exposicións relacionadas co tema ao que se dedique o mes. Pois temos o mes do teatro (marzo), o mes do libro (abril), o mes das letras vivas (maio), o mes do noso (xuño), o mes dos contos populares (setembro), o mes da cociña entre libros (outubro), o mes da infancia (novembro) e mes do nadal entre libros (decembro).

Manuel Antelo destacou a importancia de implicar os nenos e nenas na vida cultural do concello, ofrecéndolle tamén actividades nas que os más pequenos poidan participar, creando un hábito cultural que ben seguro seguirán desenvolvendo a medida que vaian medrando e poñer ao alcance dos nenos e nenas de Vimianzo a mesma oferta cultural que poden atopar nas cidades. No concello de Vimianzo “compartimos a biblioteca coas crianzas”.

Mes do teatro

Xa está en marcha o mes do teatro e na biblioteca xa se pode ver a exposición “Teatro para crianzas”. O vindeiro sábado día 17 a cargo de Pablísimo poderemos ver “Contos de ovos”; será ás 17 horas na biblioteca de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios