sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os peques de Vimianzo reciclan por natureza

Os peques de Vimianzo reciclan por natureza
Os peques de Vimianzo aprenderon a reciclar coa Cruz Vermella

O pasado sábado 17 de maio celebrouse o Día Mundial da Reciclaxe. A Unesco declarou esta data co fin de que se comprenda que a reciclaxe debe ser un proceso habitual nas nosas vidas. Por iso é importante separar os envases e depositalos no colector correspondente, de cara a que se reciclen e teñan unha segunda vida. Co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre este tema e explicar os beneficios de reciclar, voluntarias de Cruz Vermella Vimianzo estarán ao largo da semana no C.E.I.P. San Vicenzo de Vimianzo realizando diversas actividades e xogos co alumnado de todo o centro.

Esta campaña é froito da colaboración que dende 2006, e ano tras ano, Ecoembes e Cruz Vermella manteñen para involucrar e concienciar á sociedade sobre a importancia da reciclaxe de envases para o coidado do medioambiente. "Reciclamos por natureza" é o lema desta edición.

Os voluntarios farán fincapé na necesidade de reciclar os envases domésticos que consumimos a diario para conseguir aforrar auga e enerxía, reducir a cantidade de residuos nos vertedoiros e as emisións de CO2 á atmosfera e, o máis importante, aproveitar os recursos evitando o seu dispendio. Na casa, no traballo e en todas as partes, é importante separar correctamente os envases dos produtos que utilizamos para facer posible a súa reciclaxe.

Para reciclar, o primeiro paso será facer un uso correcto dos colectores de recollida selectiva. No colector amarelo deposítanse os envases de plástico, as latas e os envases tipo brick. No colector azul deposítanse os envases de cartón e papel. O iglú verde é para conter os envases de vidro e no colector de resto hai que desbotar os residuos que non sexan envases e non teñan un sistema de recollido propio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios