Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Paula Mouzo volve saír reelixida como Coordinadora comarcal do PSdeG Costa Atlántica

Paula Mouzo PSOE Costa Atlantica 1
Paula Mouzo volve saír reelixida como Coordinadora comarcal do PSdeG Costa Atlántica

A vimiancesa Paula Mouzo Maceiras volveu saír reelixida como coordinadora comarcal do PSdeG na Costa Atlántica, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais. A reelección de Paula Mouzo fíxose pública nunha reunión coa presenza de Aitor Bouza, membro da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.

“Garantizamos traballo en todos os ámbitos, somos unha comarca unida e traballadora e temos un gran un equipo para acadar mellores e máis obxectivos con ilusión”, sinalou Mouzo coa vista nas municipais de 2023.

PSOE Costa Atlantica

Comentarios