Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pleno unánime en Vimianzo para apoiar a Vía Céltica

Vimianzo acolleu a presentación do programa sobre os diferentes camiños que levan ata Santiago de Compostela
Casa do Concello de VImianzo
Pleno unánime en Vimianzo para apoiar a Vía Céltica

A corporación do Concello de VImianzo celebrou a pasada mañá de venres unha sesión ordinaria do Pleno, onde se aprobaron por unanimidade dúas mocións presentadas conxuntamente por todos os grupos políticos que o integran.

A primeira, referente ao recoñecemento e apoio á Vía Céltica como camiño oficial de peregrinación a Santiago.

A segunda, versou sobre o apoio ás persoas afectadas polo expediente de procedemento simplificado de valoración catastral do Concello de Vimianzo. A alcaldesa quixo sinalar a relevancia do acordo "en defensa das persoas afectadas polo procedemento de valoración catastral", xa que "son moitas as veciñas e veciños afectados por este proceso e resulta imprescindible que os responsables políticos esteamos a carón deles e delas cando máis o precisan", sinalou.

Solicitarase, pois, á xerencia territorial do Catastro a suspensión da tramitación do expediente ou a ampliación de prazos outorgados para presentar alegacións. Tamén, que poñan a disposición da veciñanza un equipo de persoal técnico especializado para orecer apoio e asesoramento á veciñanza.

Charla sobre os Camiños

Completando o ciclo peregrino, a Casa da Cultura acollía onte a presentación do programa sobre todos os camiños que levan ata a capital de Galicia, nun acto organizado polo Concello de Vimianzo e o Club Triatlón Costa da Morte, que a través deste conxunto de coloquios pretenden vencellar este tipo de rutas coa práctica deportiva para todas as idades.

Referíronse a este programa como unha oportunidade máis de poder gozar do patrimonio vimiancés.

Exposición fotográfica

Desde o 8 de abril, na Sala Antón Mouzo, poderanse contemplar 25 confeccións fotográficas de Alberto Cacharrón, sobre as súas viaxes polos Andes, o Sáhara ou os Alpes. Estará presente tamén este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura, onde dará a coñecer a súa faceta máis aventureira, tamén da man do Camiño de Santiago.

Novas relacionadas

Comentarios