venres. 11.07.2025
El tiempo

Profesionais Starlight presentan a Asociación de Astroturismo da Costa da Morte

IMG-20250710-WA0025
Profesionais Starlight presentan a Asociación de Astroturismo da Costa da Morte

Varias persoas que saíron da primeira fornada dos cursos de monitores Starlight da Costa da Morte decidíronse a constituír unha asociación, ASOCIACIÓN DE ASTROTURISMO DA COSTA DA MORTE. Unha acción que busca dar continuidade ao proxecto Destino Starlight e mantelo de vida e contido, para afianzar as comarca como destino turístico nocturno.

Chegou o momento de facela pública. A cita de presentación será o mércores 23 de xullo na Casa da Cultura de Vimianzo.

Así mesmo, ese mesmo día, ás 21h faráse a primeira actividade como asociación, unha observación astronómica no Miradoiro Furna de Sapo en Cereixo, na que nos acompañará o Juan Vicente Ledesma, Coordinador da Área de Formación, Educación e Divulgación da Fundación Starlight. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse no formulario.

Comentarios