Xoves. 22.04.2021
El tiempo

A programación infantil volve á Casa da Cultura de Vimianzo

Programa familiar en Vimianzo
A programación infantil volve á Casa da Cultura de Vimianzo
Volve a actividade á Axenda Costa da Morte. Hoxe quedamos en Vimianzo para ver a nova a programación infantil e familiar, “Primavera en familia”, que o Concello ten preparado para encher o Auditorio da Casa da Cultura para os meses de marzo e abril.

As representacións desta Primavera en familia ,destinadas a público familiar, serán os domingos ás 18:30o. A entrada é de balde con reserva na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara hixiénica. A billeteira abre 1 hora antes do inicio do espectáculo, é moi importante que o público chegue a cada función con máis tempo previo do que o facía antes, deberán respectar as pautas de seguridade sanitaria.

Marzo

O vindeiro domingo, 7 de marzo comeza a Primavera en Familia coa compañía Producións Dispersas que nos achega a Vimianzo Tódalas maravillas do mundo. Unha montaxe protagonizada por Diego Freire e Beatriz Bravo na que conviven, sobre o escenario, actores, monicreques e música.

O domingo 14 de marzo a compañía Polo Correo do vento achéganos a Vimianzo un contacontos ilustrado Coñecendo a Carvalho Calero. No Día das Letras Galegas do 2020 dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero, non se puidera desenvolver este espectáculo polas medidas preventivas ante a covid -19.

O domingo 21 de marzo será a quenda de Talía Teatro co espectáculo Voa, voa! para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Con este espectáculo incentívase a que os nenos e nenas recuperen eses xogos da infancia e vocabulario que empregaban as súas nais, pais pero sobre todo avoas e avós.

O 28 de marzo Culturactiva achéganos a Vimianzo o espectáculo Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía que non se puido desenvolver en febreiro polas medidas preventivas ante a covid- 19. Rosalía ofrece unha imaxe da poeta galega lonxe do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.

Abril

No mes de abril, o domingo 11, a compañía Teatro Calavera achéga "Os contos da bruxa Chispum: Branca e Bruxa" con obradoiro científico. Son contos tradicionais versionados por tres personaxes cunha perspectiva igualitaria e un divertido obradoiro científico.

O 25 de abril pecharase a programación co espectáculo viral de Peter Punk Punkdemia. O mellor clow galego presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, amosará a súa particular visión da pandemia.

comentarios