Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE de Vimianzo critica as “ridículas” axudas municipais a entidades culturais e deportivas

O Soneira e un dos clubs que recibe axudas do Concellod e Vimianzo
O Soneira e un dos clubs que recibe axudas do Concello de Vimianzo
O PSOE de Vimianzo critica as “ridículas” axudas municipais a entidades culturais e deportivas
O PSOE de Vimianzo critica as “ridículas” axudas municipais a entidades culturais e deportivas

Ataca a voceira do PSOE de Vimianzo, Mónica Rodríguez, ao goberno municipal, co gallo da presentación das axudas municipais para as entidades culturais e deportivas. Rodríguez considera que o alcalde Manuel Antelo “vende fume e fogos de artifici coas ridículas axudas”, ao considerar que os 28.000€ non é axeitada.

A cabeza de lista dos socialistas galegos en Vimianzo non se explica “de onde se pode sacar tanto valor para presumir de repartir en subvencións 4.000€ para entidades culturais (…) porque non lles dá nin para reparar as ferreñas das pandeiretas, no caso das entidades que cultivan as artes tradicionais”.

Tamén chamou a atención da candidata do PSdeG-PSOE o feito de que se destinen subvencións de 24.000 € para entidades deportivas e, aínda máis, que o Goberno fixera tanto fincapé en poñer estas axudas como “a medida pola que temos que tomar a aposta do Goberno polo deporte local, nomeadamente o de base”.

Novas relacionadas

Comentarios