venres. 02.01.2026
El tiempo

Os Reis Magos percorrerán as 14 parroquias de Vimianzo

VIMIANZO - RECEPCIÓN 2025 (1)
Os Reis Magos percorrerán as 14 parroquias de Vimianzo

A poucos días para que remate o ano, no concello de Vimianzo xa teñen todo listo para recibir a visita dos Reis Magos de Oriente o día 5 de xaneiro. Trátase dun dos días máis especiais e emotivos do ano, no que as Súas Maxestades volverán realizar un percorrido polas 14 parroquias do municipio.

A comitiva real partirá ás 10:00 horas da residencia DomusVi, en Vimianzo. Arredor das 10:30 horas chegará ao salón parroquial de Salto, ás 11:00 horas á escola de Bamiro, ás 11:30 horas á de Tines, ás 12:00 horas ao campo da festa de Treos, ás 12:30 á praza de Serramo e ás 13:00 horas á do Outeiro de Baíñas.

Xa pola tarde, o percorrido comezará ás 15:30 horas na igrexa de Castrelo e continuará ás 16:00 horas na de Berdoias, ás 16:30 horas chegarán á praza de Carnés, ás 17:00 horas á igrexa de Cereixo, ás 17:30 horas á escola de Carantoña, ás 18:00 horas á de Pasarela (Calo) e, por último, ás 18:30 á igrexa de Cambeda.

Arredor das 19:00 horas os Reis Magos comezarán o tradicional percorrido polas rúas de Vimianzo, que rematará cunha emotiva Recepción Real na praza do Concello ás 20:00 horas.

Comentarios