domingo. 18.05.2025
El tiempo

Rescatan unha vaca tras caer nun pozo de purín na localidade vimiancesa de Salto

Rescatan unha vaca tras caer nun pozo de purín na localidade vimiancesa de Salto
O bombeiros do parque de Cee rescataron esta mañá unha vaca despois de que caese nun pozo de purín. Os feitos tiveron lugar nunha granxa de Reboredo, na localidade vimiancesa de Salto sobre as 7:30 horas de hoxe. O incidente prodúsoxe despois de romper as reixas metálicas que tapaban o furado do pozo de purín. Durante a intervención - na que participaron sete bombeiros e que durou máis de catro horas - dous operarios metéronse dentro do pozo cun equipo de respiración debido á toxicidade dos gases. Segundo indican os bombeiros, o rescate foi moi laborioso debido a que o animal estaba moi nervioso e o oco de saída era moi estreito. Amarraron o corpo do animal con dúas cinchas e levantárono coa axuda dun tractor pala. Unha vez fora, os bombeiros limparon con agua o animal. Logo o veterinario encargouse de atendela. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros Cee
 

Comentarios