Martes. 08.10.2024
El tiempo

Rozadas que descobren patrimonio

Rozadas que descobren patrimonio
Muino no Rio Cambeda descuberto tras unha boa rozadura Muíño no río Cambeda descuberto tras unha boa rozadura

Que Vimianzo é un dos Concellos con máis riqueza patrimonial case que de toda Galicia é ben sabido, e mesmo estudiado en foros como o Simposio do Megalitismo. Pero aínda hai tesouros por descubrir, como acontencía hai pouco co dolmen das Caxadas, aínda sen inventariar. Ou como pasou esta semana trala limpeza dos cauces fluviais do val de Vimianzo, que puxo ao descuberto unha gran riqueza patrimonial e paisaxística.

O caso é que as cuadrillas medioambientais do Concello de Vimianzo levan traballado nestes dous anos na limpeza do cauce enteiro do río de Vimianzo, desde Vilariño ata Pasarela, o que ademais de supoñer o acondicionamento dos ríos deixando á luz lugares de gran beleza, axuda a que diminúan as inundacións nos invernos. Esta limpeza levouse a cabo tamén, e continúa activa nestes días, no río de Cambeda e no seu afluente de Sansobre.

A limpeza da contorna do río do Castelo na capital municipal, puxo ao descuberto un muíño coa canle de pedra intacta e un lavadoiro, ademais dun espazo de gran beleza ao pé da fortaleza medieval, unha contorna que non lembraban ver nunca veciños e veciñas do lugar de menos de 40 anos, que se pode apreciar xa desde a estrada comarcal de Camariñas, supoñendo un valor engadido para os visitantes do Castelo de Vimianzo e para os disfrute dos propios veciños e veciñas da vila.

Muino Rio Cambeda-Vimianzo Muíño no río Cambeda

O mesmo acontecía coa contorna do río de Cambeda e do alfluente de Sansobre, no que nestes días os traballadores das cuadrillas medioambientais do Concello foron poñendo ao descuberto máis de media ducia de muíños, moitos deles en perfecto estado de conservación mesmo coa cuberta enteira, pontes de pedra labrada e un salto de auga. A limpeza continua aínda neste lugar e non se descarta que a maleza esconda novos tesouros, segundo testemuñan os veciños do lugar que lembran estes muíños en funcionamento. O abandono das moendas e a desidia deixounos ocultos durante moitos anos entre toxos e silvas.

Ponte descuberta no rio Cambeda Ponte descuberta no rio Cambeda

O goberno municipal considera prioritario este tipo de traballos e seguirá apostando por este tipo de iniciativas no futuro. “O mantemento dos nosos ríos supón un valor inmenso a todos os niveis: medioambiental, paisaxístico e, como estamos comprobando, patrimonial - di o Alcalde - e o deber do goberno é conservación e posta en valor dos recursos existentes e así o estamos facendo.”

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios