O sector agrario saca os tractores por Vimianzo

12:13 20/02/24
Unha vez pasadas as eleccións autonómicas, os sindicatos agrícolas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e Unións Agrarias (UUAA) unen forzas este xoves 20 de febreiro para realizar concentracións/tractoradas en vilas Lugo, Ourense, Lalín, Compostela, A Coruña, Ortigueira, Vimianzo, A Gudiña, Ribadeo e Pedrafita.
Por Vimianzo, andan dende as 12:00h polas rúas do centro da vila, nunha mobilización moi tranquila e con amplo control policial.
Reivindicacións
Entre as principais demandas atopamos o establecimento de prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria.