Semana negra en Vimianzo

21:55 19/05/19
Semana negra en Vimianzo
Menuda semana a que leva Vimianzo. Despois da consternación e rexeitamento ao caso de violencia de xénero, esta fin de semana dous sucesos volveron poñer a vila soneirá no punto de mira.
O pasado venres un veciño da parroquia de Rasamonde aparecía no monte o pasado venres pola tarde-noite morto por un disparo. Fontes achegadas valoran a posibilidade de suicidio pero non se pode confirmar
Ademais, durante a madrugada do sábado, tivo lugar o roubo na xoiería do centro da vila.