Venres. 19.04.2024
El tiempo

Serj afía o micro e clávalle unha estocada á política do poder

Serj afía o micro e clávalle unha estocada á política do poder
Moita máis candela ten o novo traballo de Serj. Do amor a terra daquel “Rei das Mareas”, ao compromiso social deste “A Estocada da Cordura”, o primeiro adianto do novo disco, “ELA”, que se presentará en maio deste ano. Candela musical, cuns ritmos moito máis rockeiros; candela lírica, cunhas letras moito máis afiadas denunciando a corrupción imperante na nosa sociedade. “Este videoclip e esta canción non teñen pretensións máis alá de servir como divertimento, de entreter. Pero nos tempos convulsos nos que vivimos, nos que os que nos gobernan quitaron ó fin as máscaras e a utilización do medo para dominarnos é xa indiscriminada. Neste mundo desequilibrado… nesta dictadura orwelliana na que o recorte das liberdades máis esenciais está á orde do día, esta é a miña humilde maneira de exclamar: Estamos aquí, estamos despertos e somos moitos.” Así de crú se amosa o propio Sergio Trillo definindo o novo éxito.

”Un xiro eléctrico”

“Ela” ten todo unha historia dentro. O novo disco contará con 12 temas divididos en 4 actos nos que se conta “a historia dunha muller que se revela contra o establecido, abandoando a súa zona de confort e coñecéndose a si mesma. Ó longo desta viaxe esta muller sen nome atravesa momentos de euforia, decepción, esperanza, amor, etc… Para rematar esta aventura dun xeito dramático, pero liberador dalgún xeito… E efectivamente Sergio explícanos que os novos temas ”supoñen musicalmente un xiro cara un sonido máis eléctrico, e conflúen estilos moi variados que van desde etéreas atmósferas acústicas ata descarnadas cancións heavies, pasando por rock, hard rock, pop, etc…” SERJ e a súa banda atópanse desde fai meses preparando un espectáculo eléctrico e electrizante, directo ó corazón e á pel. Pronto poderemos gozar aos Serj, Rebeca, Salfu e Raúl polos escenarios. O CD sairá en maio, pero xa podedes reservar unha copia escribindo un mail a [email protected].

Novas relacionadas

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios