Venres. 30.09.2022
El tiempo

A subdelegada do Goberno presentou en Vimianzo o Bono Cultural Joven: 400€ para os nados despois de 2004

Vimianzo Bono Cultural Joven
A subdelegada do Goberno presentou en Vimianzo o Bono Cultural Joven: 400€ para os nados despois de 2004

A Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura de Vimianzo acollía a presentación da axuda coñecida como Bono Cultural Joven. A subdelegada do goberno María Rivas estivo acompañada pola alcaldesa vimiancesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño; a tenente de alcalde de Dumbría, María Agulleiro e o concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas, Fabián Canosa, ademais de mozos e mozas nados no 2004 e persoas responsables de empresas do sector cultural de Vimianzo.

Un programa do que se beneficiarán 23.000 galegas e galegos nacidos e nacidas en 2004 para adquirir distintos produtos e manifestacións artísticas ata o 15 de outubro de 2022. A axuda será de 400 euros para consumir en todo tipo de produtos e manifestacións culturais en establecementos que estean adheridas a este programa.

Pode facerse a través da web www.bonoculturajoven.gob.es.

Vimianzo Bono Culrtural Joven 4

comentarios