Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda

Parella de fornos da casa da Rata
Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe continuamos coa serie dos Fornos, que comezábamos a semana pasada.

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DE GRAN: (e III)
DOUS FORNOS NA PROPIA CASA- VIVENDA

Pódese dicir que en case todas as casas rurais da parroquia había un forno e que en moitas aínda se conserva, ubicado, as máis das veces, na cociña. Pero no traballo de campo que se está a facer sobre o patrimonio material de Berdoias rematou confirmándose tamén a existencia de varias casas-vivenda con dous fornos en cada unha, ubicados a carón da pedra do lar, e que se complementaban ó longo do ano para satisfacer as necesidades alimentarias dos propios usuarios.

Velaquí dous exemplos de casas con parellas de fornos:

OS DOUS FORNOS DA CASA DO CHIBARRA, en Berdoias, integramente de pedra, e que deixaron de ser utilizados contra finais da década dos anos 70.
- O Forno Grande (de 1,10 m de diámetro interior e 1,05 m de altura ) para cocer cada semana o pan de broa para un numeroso grupo de xente. Había épocas do ano que entre familiares (uns 12) e xornaleiros (ata 5 ou 6) chegaban a xuntarse na casa preto de 20 personas.
- O Forno Pequeno (de 0,60 m de diámetro interior e 0,80 m de altura) destinábase, nas festas e outras celebracións…. xa para cocer o pan de trigo, facer os dóces: biscoitos, pan de ovo...; xa para empanadas, ou asar carnes. Nas épocas nas que non se utilizaba, adoitabase adicalo a lacena ocasional.

OS DOUS FORNOS DA CASA DA RATA, en Berdoias, integramente de pedra agás a bóveda de ladrillo do forno Grande, e que deixaron de ser utilizados desde 1962.
- O Forno Grande (de 1,00 m de diámetro interior, e 1´09 m de altura) destinábase nas festas e nas diversas celebracións. para cocer o pan de trigo, para facer os dóces (biscoitos, pan de ovo…) empanadas, asar carnes…
O Forno Pequeno (de 0´70 m de diámetro interior, e 0´78 m de altura) era para cocer o pan de broa cada semana para unha familia duns 4 membros e mais de 4 a 6 xornaleiros.

Este é un vídeo dos fornos de Chibarra gravados por Laura do Chibarra:

 


Parella de fornos da Rata

Bóveda do forno Grande da Casa da Rata.

Parella de fornos de Chibarra

TESOUROS DE BERDOIAS