Domingo. 29.11.2020
El tiempo

Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños

Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe comezamos unha nova serie, seguimos coas construcións de transformación de gran, pero imos cos Muíños.
Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DO GRAN (VIII):
CENSO TOTAL DE MUÍÑOS

 

Nas beiras do rego de Berdoias e nas doutros regatos, así coma no tramo do río Castro que atravesa a parroquia, atopamos, na actualidade, un total 21 MUÍÑOS hidráulicos, xa ningún deles en funcionamento, e, a maioría, nun estado ruínoso.

Os muíños, esas arquitecturas do pan, uns de propiedade privada e outros veciñais, son construcións de transformación de gran, de muros de cachotería, con teitos de tella ou pedra. Pequenos muíños de río, rego ou de regato, de canle ou de cubo, todos dunha soa moa para moer o millo- tan só había un muìño para moer trigo- e que funcionaban todo o ano, agás os 6 muíños de regato que había, que o facían só nas épocas máis chuviosas.

Polo seu mellor grado de consrvación podemos nomear tres muíños de rego ou de rio: o do Chibarra, o que se conserva máis completo; o do Gandiño e o da Grabiela, os tres a carón do rego de Berdoias, e ubicados moi preto da Vía Mariana.

E falando de muíños, non queremos deixar de mencionar ós máis primitivos e antigos dos que se ten coñecemento, tales coma, entre outros, OS MUÍÑOS CIRCULARES DE MAN, ós que os veciños chaman “AS MOAS DE MOER”. Precisamente, nos lugares de Santa Cristiña, A Bouza, Boallo e Petón aínda se conservan un total de 6 exemplares deste tipo.

MOA DE MOER do muíño de man circular en Boallo
Moa de moer do muíño de man circular en Boallo

MUÍÑO DO CHIBARRA-O máis completo e mellor conservado de Berdoias
MUÍÑO DO CHIBARRA, O máis completo e mellor conservado de Berdoias


Muíño do Francés no va Pedroso, en estado ruinoso

Muíño de regato na Casanova
Muíño de regato na Casanova

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios