Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos

Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe continuamos coa serie dos Fornos, que comezábamos a semana pasada.
FORNOS_BERDOIAS
Fornos de Berdoias. Deseño de Manuel Rial
Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DE GRAN:
OS FORNOS (II):
FORNOS GRANDES - FORNOS PEQUENOS

A Asociación Parroquial de Berdoias e o Semescom levan localizados 70 fornos nos lugares da parroquia. Estas pequenas arquitecturas, complementarias das casas-vivenda, eran de composición delicada e complexa xa que a súa construción requería coñecementos, cálculos axustados, materiais axeitados, non só para o seu basamento e cimentación senón tamén, sobre todo, para a súa cámara abovedada que asegure unha óptima cocción, e mesmo para o seu bombo exterior, que teña un bo e imprescindible illamento.

Os fornos eran os protagonistas finais do pan de cada día, os lugares onde remataba o longo e labarioso proceso produtivo do millo, do trigo, do centeo...

E se foron protagonistas, xa non digamos o de testemuñas de moitas historias nacidas ou contadas noutrora a carón das lareiras.

Velaquí, os tres fornos máis grandes da parroquia:

  • O FORNO DO PAZO, en Boallo, de 1,50 m de diámetro interior / e 1,10 m de altura.
  • O FORNO DA GAIA, na Pedra do Frade, de 1,35 m de diámetro interior/ e 1,40 m de altura.
  • O FORNO DE FRANCISCO, en Boallo, de 1,20 m de diámetro interior, e 1,20 de altura.

E tres fornos, dos máis pequenos da parroquia:

  • O FORNO DA CAPACHA, en Grixoa, de 0,41 m de diámetro interior/ e 0,63 m de altura.
  • O FORNO DA CASA DO AGRO, na Casanova, 0,58 m diámetro interior,e 0,76 m de altura.
  • O FORNO DO CARMELO, en Berdoias, de 0,60 m de diámetro interior, e 0,70 m de altura.

… Que non dariamos por poder volver escoitar e interpretar as historias que naceron na lareira, a carón do pequeno e humilde forno da Capacha en Grixoa... ou as historias que naceron a carón do forno do Pazo De Boallo…

Forno da Gaia, na Pedra do Frade (gravación de Fernando do Coto).

PEQUENO FORNO DA CAPACHA, en Grixoa-Berdoias-Vimianzo
Forno da Capacha

FORNO DO CARMELO en Berdoias  copia
Forno do Carmelo

 

 

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios