Luns. 28.09.2020
El tiempo

Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras

Continuamos da man “Asociación Parroquial de Berdoias“ e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe rematamos ca serie sobre as construcións de transformación de gran, coas Eiras.
Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DO GRAN (VII):
UNHA PARROQUIA DE 35 EIRAS

A piques de rematar o traballo de campo sobre o Patrimonio Material, recopiláronse en toda a parroquia un total de 35 EIRAS que, numericamente, por lugares, quedan como segue: Berdoias 8 eiras, Romar 5, Boallo 5, Grixoa 4, A Casanova 4, Pedra do Frade 3, Sta. Cristiña 3, O Rego dos Podres 2 e O Petón 1.

Consérvanse dúas eiras terreas e veciñais (unha en Grixoa e outra na Casanova) pero a gran maioría das da parroquia son eiras empedradas e privadas, de formas: cuadrangulares, circulares, ou mixtas.

Casi todas son de chans enlousados e mesmo en tres eiras, nun exemplo de adaptación ó medio, proveñen de terreos rochosos, aplanados in situ (a eira de Rúa na Casanova, a da Gaia na Pedra do Frade, e a do Varelo en Grixoa).

Os bordos perimetrais de moitas das eiras son sólidos- con máis de 1 m de altura e máis de 0,50 m de ancho- e están compostos por valados de cachotería, completados con lousas en parte da súa cara interior, ou combinados, nalgúns casos, con tramos de antas chantadas no chan.

Dentro das 35 eiras, aínda que hai unhas oito que están incompletas e mais tres moi modificadas, chama poderosamente a atención o máis que aceptable estado de conservación da maioría delas, que aínda seguen a ser protagonistas de espazos máxicos, singulares e únicos. Os parabéns ós veciños e veciñas da parroquia de Berdoias están máis que xustificados.

 Eira mixta da Vilara, en Sta Cristiña-Berdoias-Vimianzo
Eira mixta da Vilara, en Sta CristiñaEira circular da casa do Rego, no Rego dos Podre-Berdoias
Eira circular da casa do Rego, no Rego dos PodreEira circular do Vilar, en Grixoa. copia
Eira circular do Vilar, en Grixoa.

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios