Domingo. 20.10.2019
El tiempo

O Concello de Vimianzo expande a súa proposta gastro-histórica a Portugal

Manuel Rial, técnico de patrimonio no Concello de Vimianzo, xunto co Sérgio Mano, concelleiro de turismo de Esposende, e Carlos A. Brochado, profesor na Universidade do Porto, nas Jornadas de Patrimonio de Portugal

O proxecto gastronómico-histórico do Concello de Vimianzo estase a convertir nun referente para a cociña portuguesa. Así o ratifican no marco das Jornadas Europeias do Património e do Turismo, que se celebran no municipio de Esposende co gallo do Día Internacional do Turismo. O pasado venres, o Técnico de Patrimonio do Concello de Vimianzo, Manuel Rial Santos, presentou o proxecto “Vimianzo, do mar á terra” e falou sobre a arqueogastronomía aplicada ao principal certame gastronómico da vila, os Pinchos Irmandiños.

O convite do municipio portugués ven dado polo interese que despertou o caso vimiancés de arqueogastronomía e a súa incidencia a través dos pinchos irmandiños e do proxecto “Vimianzo, do mar á terra”.

Con este aprendizaxe conxunta, Esposende pretende investigar sobre o seu receitario tradicional e sobre os productos empregados a través da historia nas súas elaboracións culinarias.

Comentarios