Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unha broma pesada en Vimianzo

Unha broma pesada en Vimianzo
sobres oficiais do Concello de Vimianzo

Unha trintena veciños das parroquias de Serramo e Baíñas recibían o pasado día 28 de decembro unha carta que os convocaba a unha reunión, supostamente co Concello de Vimianzo para falar do catastro. Resulta que se trataba dunha broma polo día dos Santos Inocentes, pero dende o Concello non saben quen puido ser o culpable da mesma.
I é que os convocantes empregaron o logo do Concello de Vimianzo no seu escrito e enviárono a través de correo postal, en sobres oficiais do Concello de Vimianzo con franqueo pagado.

Así, o luns o Alcalde iniciará unha investigación para descubrir quen roubou os sobres do concello e adoptará as medidas pertinentes ao respecto. “O sentido do humor non ten que levar consigo a intención de provovar molestias e gastos aos veciños e veciñas, e tampouco se pode facer roubando material do concello de Vimianzo e utilizando o franqueo pagado do correo, por parte do Concello”.

O Alcalde poñerase en contacto cos funcionarios da oficina de correos para informarse de quen foi a persoa ou persoas que entregaron esta correspondencia para o seu reparto. “Lamentamos que haxa xente empeñada en menoscabar a boa imaxe do Concello e que se valla de todo sen importarlle os problemas que poida causar”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios