xoves. 24.04.2025
El tiempo

Unha colisión en cadea deixa catro feridos en Vimianzo

Unha colisión en cadea deixa catro feridos en Vimianzo
Catro persoas resultaron feridas esta mañá en Vimianzo ó colidir tres vehículos que circulaban pola AC-552, no lugar de Caxadas. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 10:30 horas de hoxe, grazas á chamada dun particular que pedía axuda. Ademais, indicaba que había unha muller ferida de gravidade. Así, dende o Centro de Atención ás Emerxencias, de inmediato, se pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Vimianzo. O persoal do servizo de mantemento da estrada, tamén foi requirido polo persoal do 112 Galicia. Os servizos sanitarios confirmaron que os catro feridos foron trasladados ó Hospital Virxe da Xunqueira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • 112.

Comentarios