Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha reforestación con eucaliptos dana a mámoa da Arquiña de Vilaseco

Unha reforestación con eucaliptos dana a mámoa da Arquiña de Vilaseco
Zona da mamoa da Arquina de Vilaseco-Foto-Patrimonionet

”Unha vez máis, o patrimonio da Costa da Morte sufre unha agresión polo abandono e desleixo da Administración”. Así denuncia a SEMESCOM a agresión que vén de sufrir a mámoa da Arquiña de Vilaseco, en Vimianzo, unha das escollidas para o Parque do Megalítico, nuns traballos de repoboación de eucaliptos.

As máquinas pasaron sen ningún miramento por riba do xacemento e do propio dolmen, creando sucos no túmulo. E se ben aínda falta un estudio pormenorizado da desfeita, que xa anunciou o alcalde vimiancés, as pesquisas non son nada alentadoras.

A familia propietaria din que non sabía nada, nin que alí houbese un ben patrimonial, nin que puidese ter sido danado.

Falamos dunha anta de neolítico, que malia non estar excavada, foi seleccionada para formar parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, despois dos estudios de Roberto Mouzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios