Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Veciñ@s do Aprazadoiro preguntan pola nova granxa industrial de Señoráns

Obras na granxa do Aprazadoiro-Salto
Obras na granxa do Aprazadoiro
Veciñ@s do Aprazadoiro preguntan pola nova granxa industrial de Señoráns

Avanzan a bo ritmo as obras de construción dunha granxa industrial en Señoráns, na parroquia de Salto (Vimianzo). Unha situación ante a que os veciños do Aprazadoiro queren amosar a súa preocupación pola falta de información recibida e pola posible afectación que poida ter para a súa calidade de vida.

A veciñanza púxose en contacto co colectivo Contramínate, que traslada varias inquedanzas dunha veciñanza de Laxe e Vimianzo. que non ten constancia oficial do proxecto industrial. Ademais de lamentar a “opacidade”, aseguran que “a fosa séptica ubicada a menos de 50 metros do río Pequeno, afluente do río Grande”; “as remocións de terra por medios mecánicos prexudicarían e afectarían ós mananciai”; e que “os lixiviados de silos poderían acabar depositados nas terras e no propio leito do río”.

Nitratos

A máxima preocupación veciñal céntrase na “posible contaminación por nitratos dos chans e das canles fluviais, por mor do uso do xurro” xa que as “augas afectadas por exceso de nitratos deixan de ser potables, xa que os nitratos poden pasar a formar nitrocompuestos (NON2X) e grandes cantidades de refugallos de ácidos”.

Por iso, a veciñanza de Laxe e Vimianzo piden a cadansúa Alcaldía información sobre este macro proxecto de granxa industrial e que sometan a información pública tanto o proxecto como o preceptivo documento de avaliación ambiental, xa que ademais o mesmo queda moi preto das vivendas.

Obras na granxa do Aprazadoiro-Salto 2

Comentarios