Vimianzo abre as portas da OMIC cada venres para informar das Preferentes

En vista da gran participación na xuntanza informativa que tivo lugar o pasado mércores na Casa da Cultura de Vimianzo, e as dúbidas que xurdiron entre os presentes e as novas reclamacións que xurdiron e se prevé xurdirán nos vinderios días, o Concello de Vimianzo informa que poñerá a disposición de todas aquelas persoas que necesiten información ou asesoramento sobre as participacións preferentes e subordinadas a Oficina de Consumo os venres pola mañá no horario habitual de atención ao público do concello, de 8.30 a 14.30 horas.

I é que a xuntanza informativa foi movida. Non se chegou ao centenar de persoas por pouco, e a idea é formar unha nova Plataforma, que traballe man a man coa Plataforma de Afectados polas Preferentes da Costa da Morte. A avogada Margot Lamela e a técnico de emprego Ivana Vidal foron as que levaron a palabra, e será precisamente Vidal unha das que informe aos veciños na nova OMIC vimiancesa.

E lembren, cada xoves os afectados maniféstanse en Carballo, mentres que para hoxe venres, a convocatoria é en Cee.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Concello de Vimianzo.
  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.