Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Vimianzo acolle unha nova reunión informativa sobre as Preferentes

Vimianzo acolle unha nova reunión informativa sobre as Preferentes
Concentración polas Preferentes en Corcubión o pasado 23 de xaneiro

Non paran os Afectados polas Preferentes na Costa da Morte. A pasada semana concentrábase ás portas da Novagalicia Banco de Corcubión, deixando patente que as arbitraxes non lles están a satisfacer, e que todos queren recuperar os seus cartos.

Para esta semana xa teñen unha nova cita, unha xuntanza informativa que terá lugar o vindeiro mércores día 30 de xaneiro na Casa da Cultura de Vimianzo. Asistirán a avogada Margot Lamela, ademais dos voceiros e representantes das Plataformas de Afectados de Bergantiños e da Costa da Morte, a técnica do Concello de Vimianzo Ivanna Vidal, así como o alcalde vimiancés.

A reunión realizarase o mércores ás 20:00h na Casa da Cultura de Vimianzo e pode ser unha boa ocasión para que aquelas persoas que aínda non deron a cara, asuman que foron estafados, que eles non teñen a culpa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.

Comentarios