Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Vimianzo abre o prazo de inscrición para as actividades do curso

activate vimianzo
Vimianzo abre o prazo de inscrición para as actividades do curso

OConcello de Vimianzo abre hoxe luns, 18 de setembro, o prazo de preinscrición para as Escolas Municipais 2023/2024.

Estará aberto ata o 27 de setembro e poderá formalizarse en horario de 9:00 a 14:00 horas de xeito presencial, e tamén a través da sede electrónica.
As actividades que se ofrecen son fútbol sala, pequemotricidade, tiro con arco, taekwondo, atletismo, multideporte, tenis de mesa, patinaxe artística, ioga, pilates, ioga, aeróbic, actividade física para maiores, música e movemento, canto, batería, guitarra, piano, linguaxe musica, trompeta, saxofón, percusión latina, batucada, coral polifónica, gaita, percusión, pandeireta, debuxo, pintura, baile tradicional, panillo, ludoteca e teatro.

Dentro das amplas posiblidades, tamén existe o grupo de actividades dixitais, que se diferencian no grupo de infantil – ofimática, mecanografía e tecnoloxías innovadoras – e adulto – ofimática, uso do móbil e tecnoloxías innovadoras-.
As taxas de matrícula van desde os 10 euros ós 20 euros e o cobro é o concepto de matrícula en función das actividades ás que se inscriba un usuario ou usuaria. O máximo de inscrición son 5 actividades por persoa. Haberá límite de prazas en todas as actividades. Terán preferencia as persoas empadroadas. Para a formación de grupos, deberá haber un mínimo de 10 persoas inscritas, agás naquelas actividades que se especifique outra cousa.
Para máis información, pódese consultar o enderezo web do Concello de Vimianzo.

Comentarios