Luns. 07.10.2024
El tiempo

Vimianzo actívase para darlle a benvida ao curso escolar 2024-2025

ACTÍVATE VIMIANZO 2023-2024
Vimianzo actívase para darlle a benvida ao curso escolar 2024-2025

 O Concello de Vimianzo deu a coñecer hoxe a programación do programa ‘Actívate’, no que se enmarcan as actividades das escolas deportivas e culturais para este curso 2024-2025.

As escolas deportivas inclúen múltiples variedades, entre as que se atopan: fútbol sala, pequemotricidade, tiro con arco, taekwondo, atletismo, escola multideportiva, tenis de mesa, patinaxe artística, ioga, pilates, aerobic e actividade física para maiores.

No que respecta ás escolas culturais, inclúen: música contemporánea e música tradicional, baile tradicional, arte (debuxo e pintura), panillo, ludoteca, teatro, uso de móbil básico ou avanzado, mecanografía, ofimática e tecnoloxías innovadoras.

As preinscricións poderán realizarse desde mañá, venres 13 de setembro, ata o luns 23 deste mesmo mes, ás 14:00 horas. Pódese formalizar na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou de maneira telemática.

Haberá límite de prazas en todas as actividades e cada persoa poderá inscribirse nun máximo de 5. Terán preferencia as persoas empadroadas e, en caso de que se superen as prazas ofertadas, farase un sorteo público entre as preinscricións o martes 24 de setembro na Sala de Conferencias da Casa da Cultura.

Unha vez pechado este prazo poderase formalizar a matrícula. Poderase facer desde o día 25 de setembro ata o 2 de outubro na Casa da Cultura. Aquelas persoas que non cumpran con este prazo non poderán comezar as actividades ata o día 14. Para formar grupo deberá haber un mínimo de 12 persoas inscritas empadroadas, agás aquelas actividades nas que se especifique o contrario. Se a asistencia ás actividades é inferior a 8 persoas de xeito reiterado, estas serán canceladas.

Ademais, todas as persoas que teñan máis de 4 faltas de asistencia serán dadas de baixa automaticamente. Os horarios programados para as actividades poden sufrir modificacións.

Comentarios