sábado. 15.02.2025
El tiempo

Vimianzo afronta a renovación do campo de fútbol

Campo Fútbol Vimianzo
O céspede do campo de Vimianzo necesita dende hai tempo unha renovación
Vimianzo afronta a renovación do campo de fútbol

Canta falta lle facía ao campo de fútbol municipal de Vimianzo. E o pleno do Concello vén de aprobar a súa reforma integral. 

A renovación do campo conta cun orzamento de 480.075,92 euros no que se contempla un novo céspede artificial, a mellora das reixas do perímetro do terreo de xogo, a mellora das bocas de rego e a ampliación e reforma da cantina.

O Concello lembra o traballo previo realizado polo concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, o técnico de Deportes, Víctor Santos, e os responsables dos equipos vimianceses.

Cantina Campo de fútbol municipal Vimianzo
Estado da cntina Campo de fútbol municipal de Vimianzo

Obras co POS

1.241.524,92 euros trae o Plan Único da Deputación. Dentro das obras previstas, realizarase: a pavimentación da estrada municipal de Tufións (138.475,82 euros), a pavimentación do núcleo de Sanfíns (80.077,83 euros), o arranxo de rúas e rede de saneamento no núcleo do Sisto (166.000 euros), a mellora do viario Carnio-Serramo (179.465,92 euros), a ampliación e mellora da praza de Calo (198.922,17 euros), a mellora dun viario en Reparada (210.839,90 euros) e a mellora do viario Carnés-Vilar (97.132,33 euros).
A Administración local achegará 42.000 euros de fondos propios para poder realizar as sete intervencións.
No Plan Complementario inclúense as intervencións de pavimentación en varios viarios de Sansobre, cun investimento de 170.610,96 euros.

Escoliña

O BNG suxeriu que Escola Infantil se adherise á denominación de Galiña Azul da Xunta de Galicia, alegando o correspondente aforro económico para as arcas municipais. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, aclarou que “se ten pedido a transferencia de servizo á Administración autonómica, pero en todo caso pasar a formar parte destes centros da rede do Consorcio Galego de Benestar, que no noso caso equivalería a suprimir servizos fundamentais. Reduciríanse os horarios, pecharíase en agosto, perderíase a cociña propia e tamén o transporte... Algo tremendamente negativo para as familias e polo que non estamos dispostos e dispostas a pasar desde o equipo de goberno”.

Comentarios