![axudas-fillos-vimianzo]()
O prazo ede solicitude está aberto até o 28 de setembro
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o concello de Vimianzo
acaba de abrir a convocatoria de axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos. O obxectivo destas axudas e contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser un paliativo nestes momentos de crise, contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan as familias.
As axudas publicaronse no BOP - Boletín Oficial da Provincia - do pasado día 8 onde tamén se publicaron as
axudas para o inicio do curso escolar. O obxectivo destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. Pódense solicitar para gastos como libros de texto, material escolar, roupa e zapatos e son compatibles coas axudas doutras administracións.
Solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto até o día
28 de setembro. A información acerca da documentación que hai que presentar e os impresos que hai que cubrir pódense descargar dende a
páxina web municipal. As persoas que desexen información presencial poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo