Martes. 10.09.2024
El tiempo

Vimianzo, conmocionado polo falecemento do edil Ramón Santos en accidente laboral

Vimianzo, conmocionado polo falecemento do edil Ramón Santos en accidente laboral
Ramon Santos PP Vimianzo

Conmocionado quedou o Concello de Vimianzo ante a nova, recibida esta tarde de luns 16 de xuño de 2014, da morte do concelleiro do PP Ramón Santos, natural de Carnés, nun desgraciado accidente laboral acontecido en Vigo.
Ao parecer caía dun andamio esta mañá e non superaba a tarde no hospital.

Santos era o gran mestre da Confraría de Amigos da Faguía, e foi un dos responsables de que a Faguía fose recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Os Populares de Vimianzo xa emitiron un sentido comunicado.

Bandeira a media asta no Concello

O alcalde Manuel Antelo tamén lamentou a perda de Santos, e o goberno municipal manifesta a súa solidaridade e apoio á familia nestes momentos tan duros, facendo extensivo este sentimento ao PP de Vimianzo. Manuel Antelo recoñece que “foi unha persoa que dedicou parte da súa vida ao servizo dos veciños e veciñas dun xeito altruísta, tanto no ámbito da sociedade civil coma nos últimos tempos políticos, sendo concelleiro da corporación vimiancesa”.

A bandeira do concello ondea a media asta con crespón negro en sinal de loito e está prevista a celebración dun pleno extraordinario este martes ás 14 horas para facer unha declaración institucional ao respecto do pasamento do concelleiro Ramón Santos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios