venres. 23.05.2025
El tiempo

Vimianzo estrea o 8º Punto de Actualización de Documentación da Policía Nacional da provincia

Unidade DNI Vimianzo
Vimianzo estrea o 8º Punto de Actualización de Documentación da Policía Nacional da provincia

Recibía esta mañá o Concello de Vimianzo unha visita institucional comandada pola subelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e acompañada da rexedora Mónica Rod. e o concelleiro Víctor Muíño. Puxeron en valor a instalación do Punto de Actualización de Documentación da Policía Nacional, un dos 8 que ten a provincia (ademais dos de Cee, Melide, Noia, As Pontes, Rianxo, Ordes e Sada) e dos 27 de toda Galicia 

Os Pads, permiten "achegar a adminsitración á cidadanía" e facilitando xestións básicas para evitar desprazamentos ás cidades.  Así, a veciñanza poderá realizar "a actualización dos certificados dixitais, a renovación dos datos  do DNI electrónico sen ter que desprazarse ás oficinas de  documentación ou o cambio de contrasinais”, explicou Rivas.

Comentarios