Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo estrea o programa de vida activa para estimular as capacidades cognitivas

PROGRAMA DE VIDA ACTIVA CONCELLO DE VIMIANZO  copia
Vimianzo estrea o programa de vida activa para estimular as capacidades cognitivas

Hoxe luns, o programa de vida activa cuxo obxectivo fundamental é a potenciación da estimulación das capacidades cognitivas.

Celebrarase nos centros culturais de cada parroquia e será accesible para todas aquelas persoas que así o desexen. Na actividade colaboran a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Fisterra e Soneira, AFAFES, a Federación Alzhéimer Galicia, FAGAL.

Desenlvoveranse de luns a mércores, cos seguintes horarios:

  • Luns, de 15:30 a 16:30 horas en Bamiro; de 16:45 a 17:45 horas en Salto; de 18:00 a 19:00 horas en Vimianzo e de 19:15 a 20:15 horas en Cambeda. 
  • Martes, de 16:00 a 17:00 horas en Carnés; de 17:15 a 18:15 horas en Cures e de 18:30 a 19:30 horas en Cereixo. 
  • Mércores, de 15:30 a 16:30 horas en Tines; de 16:45 a 17:45 horas en Treos; de 18:00 a 19:00 horas en Baíñas e de 19:15 a 20:15 horas en Berdoias. 

Comentarios