Vimianzo humanizará a Rúa Castelao
Xa ía sendo hora de que o corazón de Vimianzo se humanizase, paso previo a unha ao que podería ser a total peonización, e permitir así que o centro da vila conte cunha zona para estar, para vivir.
Así o acordoi o pleno celebrado a pasada mañá no Concello vimiancés. Un novo pleno tenso, no que se sacou adiante a proposta do Plan Único da Deputación do goberno socialista.
Ademais do proxecto de humanización da rúa, entre os 600.000€ do POS aprobáronse (cos votos favorables do PP e a abstención do BNG) as rehabilitacións de varias vías municipais (tramos de Tines a Reboredo, pavimentación nunha pista de Treos e nova pavimentación na estrada do Arxomil a Carnio), así como o acondicionamento do núcleo de Colúns.
No pleno tamén se aprobaron varios suplementos de crédito para liquidacións de obras (entre estas, mantemento e mellora de estradas municipais na parroquia de Berdoias, execución da rede de saneamento en Carantoña, senda peonil na contorna do rego de Cambeda ou a mellora do ciario no núcleo de Manlle) e axudas a varias entidades deportivas..
Nos puntos quinto e sexto, tamén saíron adiante os ditames sobre as bonificacións do ICIO a Gandeiría Penelo e Granxa Riveiro, polas solicitudes de licenzas municipais para levar a cabo a construción dunha granxa de vacas de carne en Bamiro e a construción de estabulación en Magro, na parroquia de Calo, respectivamente.
Na sesión, e como último punto, se aprobou inicialmente a Ordenanza de Administración electrónica do Concello de Vimianzo.