Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo lembra o Asalto descolgando o estandarte dos Moscoso

  • Vimianzo únese tamén ao proceso humanizador do graffiti
Descolgan o Pendon do Asalto
Acto simbólico de descolgar o estandarte dos Moscoso do Castelo de Vimianzo
Vimianzo lembra o Asalto descolgando o estandarte dos Moscoso

Emotivo e simbólico acto que tivo este mércores 1 de xullo no Castelo de Vimianzo. O descolgamento do estandarte dos Moscoso, que sempre marcaba o inicio da festa do Asalto ao Castelo, serviu para homenaxear ese 25 aniversario que non se puido celebrar polo COVID-19. 

A torre principal da xoia patrimonial de Vimianzo loce, pois, desde esta mañá co Pendón conmemorativo  elaborado por Amigos do Liño, que forma parte das diferentes artesás e artesáns que traballan de martes a domingo no interior do edificio, na Mostra de Artesanía ao Vivo de Vimianzo.

Non haberá Asalto, pero si haberá "un pequeno acto que demostra a importancia coa que as vimiancesas e vimianceses tratamos a nosa celebración por excelencia’, comentou a alcaldesa, Mónica Rodríguez. 
Ao longo desta última semana, Miguel Peralta, de Cestola na Cachola, está a elaborar un mural con motivo desta festividade no centro do municipio. Unha gran irmandiña será a protagonista desta peza, na que o Castelo será o elemento vehicular da mesma.

Ademais, de 13 a 16 horas e de 19 a 22 horas, haberá unha ofrenda musical irmandiña polas rúas. Ás 20:230 horas será a presentación do mural de Cestola na Cachola, na praza Castelao. Ás 21:00 horas, a intervención teatral a cargo de Vicente Mohedano. Media hora máis tarde, a subida ao Castelo, cun aforo máximo de 300 persoas e xa para finalizar a xornada, a proxección da película ‘O que arde’, de Óliver Laxe e ás 22:30 horas, cun aforo máximo de 200 persoas. 

Lembrando o Asalto ao Castelo en 2020


 

Comentarios