Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo prepárase para o desfile de entroido

Vimianzo prepárase para o desfile de entroido
entroido vimianzo 2016 O concello de Vimianzo xa ten todo preparado para o seu tradicional desfile de disfraces que nesta ocasión será o sábado 6 de febreiro. A comitivia sairá ás 16:30 horas da Praza do Concello e percorrerá as rúas da vila. Ao remate haberá atraccións e actuacións musicais para os máis pequenos. Ademais, do desfile repartiranse premios entre os mellores disfraces a nivel individual, por grupos ou en comparsa. Ademáis de participar no desfile, os nenos e nenas do municipio maiores de 3 anos poderán asistir ao obradoiro de máscaras e animación que terá lugar o luns, 8 de febreiro, entre as 17 e as 19 horas na biblioteca municipal de Vimianzo. Os interesados deberán inscribirse na propia bilbioteca. O concello de Vimianzo tamén colabora na organización da festa de entroido que se celebrará o sábado, 13 de febreiro, no pavillón de Baíñas. Alí haberá premios, xogos, inchables, música e comidas típicas do entroido.
Novas relacionadas Fonte

Comentarios